Inicio|Buscador español|galego|portugûes|française|english
Imagen Cabecera Pagina Imagen Oficina Virtual

A EmpresaMisión, visión e valoresHistoriaOrganigramaEvoluciónInstalaciónsCiclo da AugaCalidade e Medio AmbienteResponsabilidad Social CorporativaContactoOfertas de Emprego Sala de Prensa Links de Interese Galería de Imaxes Mapa de Instalacións
Separador
Acceso a Equipos Acceso a Obras y Proyectos Acceso a Laboratorio Acceso a Mantenimiento Acceso a I+D+i y EDAR

E.D.A.R. industrial e I+D+i

As augas residuais industriais son as que proceden de calesqueira actividade industrial en cuio proceso de producción, transformación ou manipulación se empregue a auga, engadíndose os líquidos residuais, augas de proceso e augas de drenaxe.

A selección dun tratamento ou outro depende fundamentalmente da caracterización da auga residual industrial.

A necesidade de cumprir coa lexislación ambiental cada vez mais restrictiva, crea a necesidade de contar con sistemas capaces de depurar verteduras industriais, principalmente sectores estratéxicos coma o leiteiro ou conserveiro.

O bosquexo, construcción e posta en marcha de moitas estacións depuradoras de augas residuais industriais, otórgannos unha ampla experiencia nesta línea de traballo. Ademais, ESPINA E DELFIN S.L., ofrécelles aos seus clientes un asesoramento da correcta explotación da E.D.A.R.i con obxeto de cumprir os valores límites especificados na Resolución de Autorización de verquidos correspondente.

As solucións técnicas para o tratamento das verteduras industriais son o campo de referencia da empresa ESPINA E DELFIN S.L., nos programas sectoriais para a realización de proxectos de investigación.

Un dos primeiros proxectos de I+D+i levados a cabo por ESPINA E DELFIN S.L. en colaboura co Departamento de Enxenería da Universidade de Santiago de Compostela, foi o deseño, construcción e seguimento da operación dunha planta depuradora a escala piloto adaptable ás necesidades dos verquidos xerados na industria leiteira. O traballo centróuse en realizar as probas necesarias para poder obter os parámetros de deseño da planta depuradora a escala real. Tras dun intenso traballo, construiuse unha planta depuradora a escala real con capacidade para tratar as distintas correntes da auga residual xeradas na industria leiteira.



Investigación, Desenrolo e Innovación (I+D+i)

Co gallo de aumentar a eficacia e competitividade, ESPINA E DELFIN S.L. incrementou nestes anos os recursos destinados a I+D+i. A I+D+i é levada polas distintas áreas de actividade da empresa e coa colaboura externa de diversas entidades.

ESPINA Y DELFIN, S.L., participa no proxecto:
Conception of the Sewage Treatment Plant of the XXI Century. Development, implementation and evaluation of technologies for the treatment and resources recovery from wastewaters (CONSOLIDER). MEC. (CSD2007-00055) (2006-2010) Coordinado polo grupo de Enxeñería Ambiental e Bioprocesos da Universidade de Santiago de Compostela. A participación da empresa é na categoría de Ente Promotor Observador (EPO).


ESPINA Y DELFIN, S.L., forma parte da:
Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (ENVITE), correspondente ao grupo de AUGA. Esta plataforma está subvencionada polo Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento (INVITE).


ESPINA Y DELFIN S.L., enfocou á súa línea de investigación ao desenvolvemento de proxectos que abranguen dende distintas prespectivas o tratamento das augas residuais industriais, reflexo da necesidade de mellora da eficacia dos procesos de depuración neste tipo de augas residuais.

PROXECTOS:

PLANTA PILOTO DE TRATAMENTO DE AUGAS RESIDUAIS INDUSTRIAIS PARA LA INDUSTRIA CONSERVEIRA.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde 2000, ata 2000

EVALUACION DE TRATAMENTOS AVANZADOS POR DIXESTION ANAEROBIA DE LODOS DE EDAR.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde 2002, ata 2002

PLANTA PILOTO DUN SISTEMA DE FLOTACION POR AIRE DISOLTO PARA TRATAMENTO DE EFLUENTES DA INDUSTRIA CONSERVEIRA.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde 2003, ata 2003

DESENVOLVEMENTO DE BIORREACTORES DE MEMBRANA PARA A DEPURACIÓN E REUTILIZACION DE AUGAS RESIDUAIS.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde 2003, ata 2005

EVALUACIÓN DUN SISTEMA DE FLOTACIÓN POR AIRE DISOLTO CON CORRENTES DE AUGA DE MOI ALTA CARGA E MOI BAIXA CARGA.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde 2004, ata 2005

ESTUDO E MELLORA DE NOVAS TECNOLOXÍAS DE BIORREACTORES DE MEMBRANA E REUTILIZACIÓN DAS AUGAS RESIDUAIS DEPURADAS.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde 2005, ata 2008

PROCESOS ANAEROBIOS EN DUAS ETAPAS PARA O TRATAMENTO DE LODOS PRIMARIOS DE EDAR INDUSTRIAIS CON ALTO CONTIDO EN GRAXA.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde 2005, ata 2008

SISTEMAS DE ELIMINACIÓN DE NITRÓXENO E FÓSFORO NA INDUSTRIA ALIMENTARIA DE PROCESADO DE CONXELADOS.

DESENVOLVEMENTO DUN PROCESO DE TRATAMENTO DE AUGA RESIDUAL CON RECUPERACIÓN DE FÓSFORO PARA O SECTOR TRANSFORMADOR DE PRODUCTOS CONXELADOS DO MAR.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., 3R Ing. Ambiental S.L., USC
Desde: xaneiro 2006, ata outubro 2007

DESENVOLVEMENTO DE BIORREACTORES AEROBIOS DE LODO GRANULAR PARA O TRATAMENTO DE AUGAS RESIDUAIS.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde: xaneiro 2006, ata agosto 2009

Na actualidade estanse desenvolvendo 2 proxectos de investigación, relacionados coa área industrial.

INVESTIGACIÓN SOBRE PROCESOS DE CRISTALIZACIÓN DE ESTRUVITA, RECUPERACIÓN DE FÓSFORO PROCEDENTE DE EFLUENTES RESIDUAIS COMPLEXOS PARA FERTILIZANTES.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde: 1 maio 2008, ata 30 setembro 2010

PROCESOS DE BIOFILTRACIÓN PARA ELIMINACIÓN DE CHEIROS DE EFLUENTES GASEOSOS XERADOS NAS EDARS DO SECTOR ALIMENTARIO.
Consellería de Innovación, de Industria e Comercio
Entidades participantes: Espina e Delfín S.L., Universidade de Santiago de Compostela
Desde: 1 maio 2008, ata 30 setembro 2010

      Imprimir Imprimir
Separador Polígono Industrial do Tambre. Vía Edison, 9.    |     15890 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfonos: (+34) 981 58 20 00 y 981 55 26 60     |     Fax: (+34) 981 58 80 56
E-mail: espdel@espinaydelfin.com                    |     TELEFONO ATENCION AL CLIENTE: 900 815 015


Contacto  | Aviso legal | Oficina Virtual | Política de Cookies | Go To Assist
SeparadorACCESO PRIVADO
SeparadorSeparadorSeparador