Inicio|Buscador español|galego|portugûes|française|english
Imagen Cabecera Pagina Imagen Oficina Virtual

A EmpresaMisión, visión e valoresHistoriaOrganigramaEvoluciónInstalaciónsCiclo da AugaCalidade e Medio AmbienteResponsabilidad Social CorporativaContactoOfertas de Emprego Sala de Prensa Links de Interese Galería de Imaxes Mapa de Instalacións
Separador
Acceso a Equipos Acceso a Obras y Proyectos Acceso a Laboratorio Acceso a Mantenimiento Acceso a I+D+i y EDAR

Historia

ESPINA & DELFIN S.L., nace na década dos 70. Foi pensada e creada para abarcar os distintos ciclos da auga, dende a captación no seu medio natural, ate a evacuación ao medio receptor, logo de ser empregada polos usuarios e tras de ser sometida aos diferentes procesos de tratamento e depuración que garanten tanto a súa potabilidade, como a calidade no verquido. Perante estes anos ESPINA E DELFIN S.L., participou no bosquexo e construcción de unha boa parte da infraestructura hidráulica da Galiza, e xestionou o servizo de mantemento e xestión de mais de 50 concellos, orientando á súa estratexia no crecemento cara á diversidade.

Na actualidade, ESPINA E DELFIN S.L., é unha empresa recoñecida dentro do sector das obras públicas, destacando especialmente no tratamento das augas residuais e na xestión de servizos municipais de augas, na procura da optimización dos recursos que fagan posíbel un desenrolo sostíbel.

espina y delfin Co gallo dunha resposta eficaz ás esixencias no campo tecnolóxico, ESPINA E DELFIN S.L., aposta dun xeito claro e firme en I+D+i (Investigación, desenrolo e innovación). Parar conquerir os obxetivos, subscríbense acordos de colaboura para a asistencia científico técnica sobor da calidade das augas coa Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e tamén oca Universidade de Santiago de Compostela, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica e Desenrolo Tecnolóxico.


      Imprimir Imprimir
Separador Polígono Industrial do Tambre. Vía Edison, 9.    |     15890 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfonos: (+34) 981 58 20 00 y 981 55 26 60     |     Fax: (+34) 981 58 80 56
E-mail: espdel@espinaydelfin.com                    |     TELEFONO ATENCION AL CLIENTE: 900 815 015


Contacto  | Aviso legal | Oficina Virtual | Política de Cookies | Go To Assist
SeparadorACCESO PRIVADO
SeparadorSeparadorSeparador