Inicio|Buscador español|galego|portugûes|française|english
Imagen Cabecera Pagina Imagen Oficina Virtual

A EmpresaMisión, visión e valoresHistoriaOrganigramaEvoluciónInstalaciónsCiclo da AugaCalidade e Medio AmbienteResponsabilidad Social CorporativaContactoOfertas de Emprego Sala de Prensa Links de Interese Galería de Imaxes Mapa de Instalacións
Separador
Acceso a Equipos Acceso a Obras y Proyectos Acceso a Laboratorio Acceso a Mantenimiento Acceso a I+D+i y EDAR

Somos conscientes de que as actividades que a organización presta son esenciais para a sociedade e o medio, polo que consideramos prioritario garantir que estas se desenvolvan coa maior calidade, eficacia e eficiencia. Por iso, seguindo os estándares das normas internacionais ISO 9001:2008, ISO 14001:2004 e OHSAS:18001, implantamos un Sistema Integrado de Xestión (SIG) de Calidade, Medio e PRL, cuxo alcance cobre a práctica totalidade das actividades, que realiza a empresa.

Calidade

A excelencia é un dos nosos obxectivos, por iso esforzámonos día a día por mellorar e responder ás esixencias do ámbito. Preocupámonos pola busca continua da innovación, a seguridade e a tecnoloxía máis eficiente, ademais de poñer a disposición dos nosos clientes un equipo de profesionais altamente cualificado para resolver as súas dúbidas máis frecuentes.

Medio Ambiente

A conservación e o respecto polo medio ambiente está presente en todas as decisións de negocio.

Prevención de Riscos Laborais

A nosa filosofía en prevención é transmitir a todos os traballadores que se trata dun concepto inherente ao traballo de cada persoa. Todos os traballadores son co-responsables da súa seguridade e a das persoas que dependen deles. Esta cultura, orientada á aplicación efectiva de todas as medidas de prevención establecidas, permite alcanzar índices moi baixos. A colaboración coas contratas que traballan nas nosas instalacións é outro dos piares sobre os que se sustenta a política preventiva das nosas empresas. O grupo leva a efecto un ambicioso plan de auditorías e formación a contratas, dirixido a garantir os estándares de calidade establecidos pola sociedade e enfocado directamente a minimizar os riscos nos nosos centros de traballo.
 
      Imprimir Imprimir
Separador Polígono Industrial do Tambre. Vía Edison, 9.    |     15890 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfonos: (+34) 981 58 20 00 y 981 55 26 60     |     Fax: (+34) 981 58 80 56
E-mail: espdel@espinaydelfin.com                    |     TELEFONO ATENCION AL CLIENTE: 900 815 015


Contacto  | Aviso legal | Oficina Virtual | Política de Cookies | Go To Assist
SeparadorACCESO PRIVADO
SeparadorSeparadorSeparador